Xoves, 10 outubro, 2024
- Tematica
O Concello de Ames informa da convocatoria de axudas a través de incentivos á contratación por conta allea para a inserción laboral para persoas participantes no obradoiro dual de emprego Renova VI. As solicitudes deberán presentarse do 11 ao 30 de outubro de 2024.
O obradoiro dual Renova VI é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e cofinanciado polo Ministerio de Traballo e Economía Social, e promovido polo Concello de Ames conveniado co concello de Brión.
Descargas: