Pestanas principais

Bando sobre as alteracións no tráfico das obras da améndoa central e do sendeiro escolar

Luns, 24 abril, 2023
O alcalde de Ames, Blas García, vén de publicar un bando sobre as alteracións no tráfico das obras da améndoa central e do sendeiro escolar. Este luns, día 24 de abril, procederase ao corte dun carril na Travesía da Peregrina dende o cruce da mesma coa Rúa Rueiro ata a Avenida da Peregrina, quedando unicamente habilitado o carril de sentido de entrada dende a Avenida da Peregrina en dirección a Travesía da Peregrina. Permitirase o acceso aos garaxes emprazados en dita rúa.