Pestanas principais

Bando sobre a apertura de terrazas na transición cara unha nova normalidade debido á Covid-19

Domingo, 10 maio, 2020
Despois de coñecer que a provincia da Coruña pasará á fase 1 do plan para a transición cara a nova normalidade, e para dar cumprimento ao establecido na Orde SND/399/2020, do 9 de maio, publicada nesta data, o Concello de Ames, informa que se permitirá a ampliación do espazo das terrazas, sempre que se cumpran os requisitos necesarios.

Todos os establecementos hostaleiros de Ames que teñan previsto abrir ao público o servizo de terraza nas vindeiras datas, sexa en espazo público ou privado, deberán comunicalo previamente ao Concello, chamando a algún destes números de teléfono: 681 267 314; 682 774 563; 981 37 90 36. O horario de atención telefónica será de 8:00h a 15:00 horas. Outra opción é enviar un correo electrónico ao enderezo: urbanismo@concellodeames.gal.

Cada establecemento hostaleiro deberá indicar no asunto do correo electrónico: TERRAZA + NOME DO LOCAL. Ademais, haberá que indicar o nome do establecemento; o titular do negocio; e un teléfono de contacto ou enderezo electrónico a través do cal se poida comunicar. Tras analizar cada situación, o departamento de Urbanismo comunicará a viabilidade da apertura, así como a posible ampliación de espazo. Consulta ao pé deste aviso o bando municipal sobre a apertura de terrazas na transición cara unha nova normalidade debido á Covid-19.

Ao pé deste aviso tamén podes consultar o decreto de levantamento da suspensión de termos e prazos nos procedementos de solicitude de licenzas, para a ocupación de solo de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos e análogos, con finalidade lucrativa, e maila aprobación da Instrución que recolle unha modificación da súa tramitación, durante a situación de alarma ocasionada pola Covid-19.