Pestanas principais

Bando sobre o peche do Pazo da Peregrina en horario nocturno

Venres, 9 xullo, 2021
O alcalde de Ames, J. Blas García Piñeiro, ven de publicar un bando sobre o peche do Pazo da Peregrina e xardís en horario nocturno, de 22.00 horas a 07.00 horas, para así impedir que nese lugar se creen agrupacións de persoas de difícil control e se evite a xeración de ruídos en horario de descanso.

Tendo en conta a actual situación que esixe que se continúen extremando as precaucións para previr a propagación da COVID-19, procederase ao peche do espazo do Pazo da Peregrina e os seus xardíns. 

Deste xeito, dentro do horario de peche, de 22.00 horas ata as 7.00 horas, tan só se poderán levar a cabo actividades que conten coa autorización previa por parte do Concello de Ames.

Descargas: