Pestanas principais

Bases e anexos da convocatoria dos premios “Ames AV LAB” laboratorio para o impulso da nova produción audiovisual do Concello de Ames

Venres, 9 agosto, 2024
Deputación Provincial da Coruña, a través do Convenio de Colaboración para o financiamento da realización das actividades do proxecto “AMES AV LAB” Laboratorio para o impulso da nova produción audiovisual dende o Concello de Ames (“AMES AV LAB”), dentro do Plan de Emprego Local, concíbese como un laboratorio de aceleración de proxectos audiovisuais para impulsar a produción, fomentar o talento emerxente e dinamizar o impulso do importante tecido produtivo audiovisual do Concello de Ames.

O obxecto desta convocatoria de premios é ofrecer apoio financeiro aos proxectos participantes no Laboratorio de Aceleración de Proxectos Audiovisuais “AMES AV LAB”. Os premios proporcionarán un financiamento a tanto alzado destinado ás actividades de definición e desenvolvemento inicial do proxecto. Este apoio económico funcionará como "capital semente", permitindo aos proxectos establecer unha base sólida desde a cal poderán atraer financiamento adicional e continuar o seu desenvolvemento con maiores garantías de éxito.

Os/as participantes no AMES AV LAB que queiran participar nesta convocatoria de premios deben presentar o anexo que está ao pé deste aviso asinado. A presentación de dito anexo debe facerse a través dunha instancia xeral no Rexistro municipal ou pola Sede electrónica.