Mércores, 28 setembro, 2022
- Tematica
O Concello de Ames vén de poñer en marcha unha nova edición do obradoiro de emprego Renova V. O Renova V é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade, e promovido polo Concello de Ames conveniado co Concello de Brión. O obradoiro terá unha duración de 12 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as.
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o resultado definitivo do proceso selectivo para a selección do persoal directivo, docente, administrativo e alumnado-traballador do obradoiro dual de emprego Renova V.
Premendo nesta ligazón pódese consultar o proceso selectivo ao completo.