Venres, 24 xaneiro, 2025
- Tematica
O Concello de Ames informa de que o Servizo Público de Emprego de Galicia decidiu pechar os puntos de atención para a información e renovación da demanda de emprego que estaban dispoñibles na Casa da Cultura do Milladoiro e nas oficinas municipais de Bertamiráns.
Segundo explicou a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Comercio e Emigración, esta decisión débese á adaptación a novos sistemas que cumpren coa normativa de protección de datos, xunto con máis funcionalidades que ofrecen unha mellor xestión do servizo para as persoas demandantes de emprego.
Deste xeito, agora pódese realizar a renovación da demanda de emprego a través da Oficina Virtual, empregando a aplicación móbil MOBEM ou chamando ao 012 co teu pin persoal ou conectándote ao portal web.
O Concello de Ames lembra que está á disposición da veciñanza para axudar a xestionar e realizar a demanda de emprego a través destas novas canles de tramitación.