Pestanas principais

Circular sobre a exposición pública da aprobación inicial da décimo segunda modificación da RPT

Mércores, 20 novembro, 2024
Ponse ao coñecemento de todos e todas os/as traballadores/as do concello de Ames que en sesión plenaria celebrada en data 18 de novembro de 2024 adoptáronse os acordos seguintes: • Aprobación inicial modificación número 12 da RPT do concello de Ames. • Aprobación inicial da modificación do cadro de persoal anexo do orzamento xeral do exercicio vixente, quedando supeditada a entrada en vigor da decimo segunda modificación da RPT do concello de Ames.

No Boletín Oficial da provincia, num. 223, de 19 de novembro de 2024 publicáronse os anuncios correspondentes e abriuse o prazo de exposición pública por 20 días hábiles da aprobación inicial da modificación decimo segunda da RPT (dende o 20 de novembro e ata o 18 de decembro de 2024, ambos inclusive) e de 15 días hábiles da aprobación inicial da modificación do cadro de persoal, (dende o 20 de novembro e ata o 11 de decembro de 2024, ambos inclusive) aos efectos de poder presentar de ser o caso, as alegacións ou reclamacións que se estimen oportunas.

Ditos anuncios foron tamén publicados no taboleiro de anuncios do concello de Ames.

En ditos anuncios se establecen que de non presentarse alegacións no período de exposición pública, tanto a aprobación inicial da decimo segunda modificación da Rpt, como a aprobación inicial do cadro de persoal, ditos acordos se elevarán automaticamente a definitivos.

A partir de hoxe, 20 de novembro de 2024, publicarase, aos efectos de exposición pública, na páxina principal da intranet do concello, así como na páxina web municipal, a seguinte documentación:

• Certificados da Mesa Xeral de Negociación de data 14 de novembro de 2024.

• Certificados do pleno de data 18 de novembro de 2024 da aprobación inicial da decimo segunda modificación da RPT e de aprobación inicial da modificación do cadro de persoal anexo ao orzamento xeral 2024.

• Os cadros resultantes da aprobación inicial da modificación decimo segunda da RPT.

• O cadro resultante da aprobación inicial da modificación do cadro de persoal anexo ao orzamento 2024.