Pestanas principais

As clases na Escola Municipal de Música de Ames comezan o luns 16 de setembro

Luns, 9 setembro, 2024
A Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) informa de que as clases do novo curso comezan o vindeiro luns 16 de setembro. As clases impartiranse no Edificio Multiusos de Aldea Nova e cada alumno/a comezará no horario que se lle confirmou no momento da realización da matrícula. Para calquera dúbida, pódese contactar coa EMMA a través do enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal, ou no teléfono 981 535 940.