- Tematica
Mythimna unipuncta é un lepidóptero pertencente á familia Noctuidae que ataca a varias especies, sendo especialmente voraz para millo e gramíneas. Os danos son producidos pola alimentación das larvas na base das plantas. Nas pradeiras desaparecen as gramíneas e no millo poden eliminar toda a folla a excepción do nervio central. Estes vermes son inofensivos para as persoas.
Atópase presente en Galicia dende fai décadas, con danos importantes na década nos 90. Nos últimos anos non producira grandes danos ata este ano 2023. A praga no mes de outubro debería estar invernando pero debido ás temperaturas altas aínda se atopa presente entre a poboación.
Ao non tratarse dunha praga de corentena a Administración non intervén no seu control nin establece protocolo algún ao respecto, malia que si pode dar algunha pauta, asesorar e informar aos interesados ou aos seus representantes. Dende a Consellería de Medio Ambiente tamén se aconsella sobre a aplicación de produtos fitosanitarios en fincas, cultivos... aos agricultores.