Xoves, 16 febreiro, 2023
- Tematica
O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Lingüística, informa que a Xunta de Galicia vén de convocar novos cursos preparatorios para obter os certificados de lingua galega. Deste xeito, a Xunta de Galicia pon en marcha un novo curso de autoaprendizaxe en liña preparatorio do nivel Celga 3 de lingua galega e novos cursos (titorizados, presenciais e en liña) preparatorios das probas para obter os niveis Celga 2, 3 e 4.
Premendo nestas ligazóns podes obter máis información sobre ditos cursos:
-Novo curso de autoaprendizaxe en liña preparatorio do nivel Celga 3 de lingua galega.