- Tematica
Dende o xoves 18 de marzo ata o vindeiro luns 12 de abril de 2021, está aberto o prazo de inscrición para as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (CELGA).
As persoas que desexen inscribirse deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que poden obter na sede electrónica da Xunta de Galicia. As persoas interesadas deberán indicar nel a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela ( Celga 1, Celga2, Celga 3 e Celga 4) e en Ponferrada (Celga2, Celga 3 e Celga 4).
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de maio e/ou xuño de 2021, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.