Mércores, 13 marzo, 2024
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, informa de que a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia convoca probas para a obtención dos certificados de lingua galega (niveis Celga 1, 2, 3 e 4).
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia convoca probas para a obtención dos certificados de lingua galega, dos niveis Celga 1, 2, 3 e 4. Poderán presentarse todas as persoas maiores de 16 anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada en maio e xuño de 2024. As datas concretas publicaranse no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria que sae no DOG do mércores 13 de marzo de 2024.