Pestanas principais

Cortes de tráfico en Tarrío e en Biduído de Abaixo

Venres, 8 setembro, 2023
Este venres, 8 de setembro, está previsto que se realice un corte de tráfico na aldea Tarrío, na localización e sañalización que se indican no documento axunto a este aviso. O corte durará 3 días e só afecta a unha vivenda. A veciñanza poderá, sempre que as obras o permitan, situarse o máis preto posible desta vivenda. Os traballos forman parte do Proxeco de Protección Acústica do Eixe Atlántico de Alta Velocidade do tramo Padrón - A Coruña, cuxo promotor é ADIF.

O vindeiro mércores, día 13, tamén se producirán cortes, no marco do mesmo proxecto, en Biduído de Abaixo, na localización e señalización que se indican no documento axunto. O corte durará entre 2 e 3 semanas, e realizarase por fases, permitindo a entrada dos veciños/as ás súas fincas salvo nos casos nos que os traballos teñan lugar na entrada destas.