Pestanas principais

Cortes e prohibicións nos arredores da Casa do Concello, en Bertamiráns, pola celebración da XXIII Carreira pedestre popular Concello de Ames

Luns, 14 outubro, 2024
Con motivo da celebración da XXIII Carreira pedestre popular Concello de Ames, que se vai celebrar este domingo, 20 de outubro de 2024, haberá cortes e prohibicións de estacionamento nos arredores da Casa do Concello en Bertamiráns (rúa Alcalde Lorenzo).

INFÓRMASE:
-Que estará prohibido estacionar na rúa Alcalde Lorenzo o domingo 20 de outubro, dende as 00:00 ata as 15:00 horas.
-Que afectará con cortes de tráfico ás seguintes rúas, aldeas ou lugares por onde transcorre a citada carreira:

Dende as 8:00 ata 15:00 horas: rúa Alcalde Lorenzo, A Condomiña (estrada DP-0205 ata rotonda do Agro do Muíño) quedando afectadas todas as vías de acceso a ese tramo, Agro do Muíño, Sisalde, rúa Entrerríos, rúa Agrelo, rúa Xunqueira, A Condomiña e As Punxeiras.

RECOMÉNDASE: Evitar as vías mencionadas e acceder pola AG-56 ou AC-300 (Os Ánxeles-Picaraña) cara a Padrón.

Así mesmo, o departamento de Deportes, vén de publicar o mapa de servizos da XXIII edición da Carreira Pedestre do Concello de Ames. Nel están recollidos os puntos de avituallamento, recollida de dorsais, roupeiro, fisioterapeutas, vestiario e duchas, e entrega de premios. Ademais, indícanse posibles lugares de estacionamento. O mapa pode consultarse no documento ao pé deste aviso.

Multimedia