Pestanas principais

Cortes programados no subministro da rede eléctrica o día 24 de xaneiro no Milladoiro e Raíces

Luns, 20 xaneiro, 2025
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames unha interrupción programada do subministro eléctrico durante o venres, 24 de xaneiro, na avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro, e na aldea de Raíces, pertencente á parroquia de Biduído, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica.

Así, quedarán fóra de servizo unha serie de instalacións que poden provocar interrupcións no subministro eléctrico nas rúas ou lugares descritos a continuación. Para aclaracións, contactar coa empresa no teléfono 900 333 999.

As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares:
    • Avenida de Rosalía de Castro (de 4:30 a 7:30 horas): número 71.
    • Aldea de Raíces (de 6:00 a 7:30 horas): número 3.