Pestanas principais

Cortes programados no subministro de rede eléctrica o día 25 de outubro en Bertamiráns

Xoves, 17 outubro, 2024
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames unha interrupción programada do subministro eléctrico durante o 25 de outubro na avenida da Maía, en Bertamiráns, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica. Así, quedarán fóra de servizo unha serie de instalacións que poden provocar interrupcións no subministro eléctrico nas rúas ou lugares descritos a continuación. Para aclaracións, contactar coa empresa no teléfono 900 333 999.

As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares:

  • Avenida da Maía (de 3:00 a 6:00 horas): número 17.