- Tematica
O Concello de Ames informa de que segundo se traslada dende a Xerencia da Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza o número de casos activos por Covid-19 en Ames, a 12 de agosto de 2021, baixa a 153. A incidencia acumulada a 7 días é de 190 casos, mentres que a incidencia acumulada a 14 días é de 430 casos.
Unha vez máis incídese en que é preciso que cada un/unha de nós actuemos con responsabilidade. Sigamos cumprindo de xeito estrito todas as medidas de prevención da Covid-19. Lémbrase que o uso da máscara é obrigatorio cando non se poida manter a distancia de seguridade interpersoal. Para máis información ou resolver dúbidas pódese chamar ao número de teléfono 673 73 90 11 ou enviar un correo electrónico ao enderezo gabinete@concellodeames.gal.