Pestanas principais

DATOS OFICIAIS COVID-19: 184 casos activos no Concello de Ames. O sábado Ames pasará ao nivel alto de restriccións

Mércores, 28 xullo, 2021
O Concello de Ames informa sobre os casos activos por Covid-19 no municipio. Segundo se traslada dende a Xerencia da Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza o número de casos activos por Covid-19 en Ames é de 184. A incidencia acumulada a 7 días é de 327 casos, mentres que a incidencia acumulada a 14 días é de 542 casos. O Concello de Ames pasará dende o sábado ao nivel alto de restriccións.

O Concello de Ames informa de que segundo se traslada dende a Xerencia da Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza o número de casos activos por Covid-19 en Ames, a 28 de xullo de 2021, sobe a 184. A incidencia acumulada a 7 días é de 327 casos, mentres que a incidencia acumulada a 14 días é de 542 casos. A consellería de Sanidade informou que o Concello de Ames pasará a nivel alto de restriccións este sábado por mor da situación epidemiolóxica do municipio.

Unha vez máis incídese en que é preciso que cada un/unha de nós actuemos con responsabilidade. Sigamos cumprindo de xeito estrito todas as medidas de prevención da Covid-19. Lémbrase que o uso da máscara é obrigatorio cando non se poida manter a distancia de seguridade interpersoal. Para máis información ou resolver dúbidas pódese chamar ao número de teléfono 673 73 90 11 ou enviar un correo electrónico ao enderezo gabinete@concellodeames.gal.