Pestanas principais

DATOS OFICIAIS COVID-19: 26 casos activos no concello de Ames

Xoves, 1 xullo, 2021
O Concello de Ames informa sobre os casos activos por Covid-19 no municipio. Segundo se traslada dende a Xerencia da Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza o número de casos activos por Covid-19 en Ames é de 26. A incidencia acumulada a 7 días é de 69 casos, mentres que a incidencia acumulada a 14 días é de 81 casos.

O Concello de Ames informa de que segundo se traslada dende a Xerencia da Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza o número de casos activos por Covid-19 en Ames, a 1 de xullo de 2021, descende a 26. A incidencia acumulada a 7 días é de 69 casos, mentres que a incidencia acumulada a 14 días é de 81 casos. Lémbrase que hai que seguir respectando as restricións que están en vigor.

Unha vez máis incídese en que é preciso que cada un/unha de nós actuemos con responsabilidade. Sigamos cumprindo de xeito estrito todas as medidas de prevención da Covid-19. Lémbrase que o uso da máscara e o mantemento da distancia de seguridade interpersoal é obrigatoria. Para máis información ou resolver dúbidas pódese chamar ao número de teléfono 673 73 90 11 ou enviando un correo electrónico ao enderezo gabinete@concellodeames.gal.