Pestanas principais

Deshabilitado temporalmente o servizo de rexistro municipal

Xoves, 31 outubro, 2024
O Concello de Ames informa de que durante a xornada deste xoves, 31 de outubro, está temporalmente deshabilitado o servizo de rexistro municipal debido a unha incidencia no programa de xestión de dito servizo. Deste xeito, non se pode tramitar documentación nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns). Estase traballando para resolver a incidencia e que volva a funcionar o antes posible.