Mércores, 2 decembro, 2020
- Tematica
Despois de examinar a documentación e valorar os méritos de todas as empresas presentadas como candidatas ao III Premio Lingua e empresa, o xurado decidiu por unanimidade outorgar o premio ás seguintes:
Na categoría A, de uso consolidado da lingua:
Código Cero. Revista e web de novas tecnolóxicas de Galicia, polo seu labor decidido ecomprometido a prol da normalización lingüística no eido da comunicación,nomeadamente no ámbito tecnóloxico. Destaca a aposta pola lingua galega como elementode marca, o impacto da publicación e a relevancia da súa actividade.
Na categoría B, de nova incorporación ou creación:
Ollar. Centro óptico e auditivo, por incorporar a lingua á súa actividade de maneira regular,coherente e implicada, apostando claramente polo galego en todos os eidos, tanto internos como externos.