Venres, 4 novembro, 2022
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, informa que dende o día 3 de outubro entrou en vigor o novo regulamento de uso e funcionamento das instalacións culturais do Concello de Ames, no que se establecen os locais incluídos no ámbito de aplicación, as normas e procedemento de uso, as obrigas e dereitos, o réxime de acordos puntuais de colaboración de apoio á creación artística e os procedementos para realizar as solicitudes de utilización.
Por ende, faise público o texto do citado regulamento e os anexos necesarios para a realización dos trámites oportunos. Dende a Concellaría de Cultura poranse en contacto coas distintas asociacións que nestes momentos son usuarias dos espazos municipais para establecer os termos como están definidos no novo regulamento. Agárdase que esta nova ferramenta contribúa a mellorar a xestión cultural no noso concello.
Descargas: