- Tematica
No caso de querer renovar o documento de identidade, terase que abonar unha taxa de 12 euros en metálico, polo que se recomenda levar a cantidade exacta. Haberá que levar fotografías recentes e, no caso de ter cambiado de enderezo, aportar volante de empadroamento.
Se ben se opta por expedir un novo DNI, haberá que levar volante de empadroamento e unha partida de nacemento literal. No caso de que se vaia expedir o primeiro documento de identidade dun neno ou dunha nena, pídese que saian nas fotos cos ollos abertos.
Tras a primeira fase de recepción dos cidadáns e da documentación, os integrantes do equipo móbil da Policía Nacional procederán á impresión física dos DNIs na oficina central de Santiago. Posteriormente, volverán a Ames para entregalos. Dende o corpo da Policía recordan que é preciso que os cidadáns acudan de xeito presencial en ambas fases do proceso, posto que do contrario non se poderá facer entrega dos DNIs, provocando molestias innecesarias para a veciñanza e para o servizo.