Pestanas principais

Esgotadas as entradas para o concerto de Pakolas este venres en Bertamiráns

Martes, 4 febreiro, 2025
Están esgotadas as entradas para o concerto "Ecoralia, a lambona ecolóxica" de Pakolas deste venres, 7 de febreiro ás 18.00 horas, na Casa da Cultura en Bertamiráns. O espectáculo, incluído no programa Apego, presenta o novo proxecto do artista especializado en música infantil, un traballo cheo de humor no que o eixo central xira arredor da importancia de consumir elementos ecolóxicos para así coidar e preservar o medio ambiente.

O programa Apego, un vehículo de transmisión da lingua
O programa Apego é un proxecto de dinamización lingüística dirixido ás familias que estean a esperar un bebé ou que teñan crianzas entre 0 e 6 anos. O seu obxectivo é promover, apoiar e normalizar o uso do galego na socialización da primeira infancia, achegando recursos e unha ampla proposta de actividades lúdicas e educativas.

As persoas interesadas en sumarse á iniciativa poden facelo poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, escribindo un correo a normalizacion@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 662 377 215. Así mesmo, tamén poden facelo cubrindo o formulario “Súmate ao apego”, que está dispoñible na páxina web do programa, apego.gal.