Venres, 12 marzo, 2021
- Tematica
Esgotadas as entradas das dúas sesións, a das 17.00 e a das 18.00 horas, para o obradoiro de xogos musicais e debuxo rítmico, no Pazo da Peregrina. A actividade, que se realizará o próximo xoves 18 de marzo estará dirixida por Mirari Urruzola, de Babaluva Teatro.
A actividade servirá para estimular o ritmo e a expresión corporal, artística e lingüística das crianzas, de 2 a 6 anos, dun xeito divertido e creativo.