Mércores, 17 novembro, 2021
- Tematica
Xa non quedan prazas para participar en "Casa, casiña, casona", un espéctaculo da artista e contadora Marta Ortiz. A alta demanda para asistir á actividade, unha viaxe pensada para sorprender ás crianzas de 0 a 6 anos e para darlle recursos a nais e pais a través de poemas, arrolos e cantos, obrigara orixinalmente a programar dúas sesións para o próximo mércores 24 de novembro. Finalmente e co aforo xa completado, o espectáculo terá lugar nese día ás 17:00 e ás 18:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.