Xoves, 15 setembro, 2022
- Tematica
Dende a Concellaría de Normalización Lingüística informan de que están esgotadas todas as prazas para asistir á proxección da película infantil “Valentina”, que se enmarca na programación de outono do programa Apego. Trátase dun conto musical sobre a inclusión e a diversidade, dirixida por Chelo Loureiro e premiada co Goya 2021 á mellor película de animación.
O filme conta a historia dunha rapaza cansa de ter síndrome de Down, convencida de que é o motivo que lle impide acadar o seu soño de ser trapecista, e que fará unha viaxe máxica para descubrir todo do que é capaz. A proxección, orientada ao público familiar, terá lugar o mércores 21 de setembro, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Esta actividade chega ao abeiro do Fondo Xacobeo 21-22, no marco da iniciativa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.