Luns, 18 setembro, 2023
- Tematica
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames informa de que están esgotadas as prazas para a actividade de danzacontos “Viaxando coas anduriñas: ritmos na selva”, que se vai desenvolver no Pazo da Peregrina de Bertamiráns o vindeiro venres, 22 de setembro, ás 18:00 horas.
“Viaxando coas anduriñas: ritmos na selva” é unha proposta innovadora de contos danzados para explorar emocións a través da lingua e da música que terá como protagonistas a amizade, o respecto e a natureza. A actividade correrá a cargo de Laura Martínez Rey, e está pensada para familias con crianzas de 1 a 6 anos de idade.