Xoves, 19 decembro, 2024
- Tematica
Xa están esgotados os 50 bonos culturais da programación de artes escénicas para o primeiro semestre de 2025 que se puxeron á venda este mércores 18. As entradas para os espectáculos programados poderán adquirirse na Billeteira Electrónica a partir do 8 de xaneiro.
Xa están esgotados, en menos dun día, os bonos culturais da programación municipal de artes escénicas para o primeiro semestre de 2025 que se puxeron á venda este pasado mércores 18 de decembro. Os bonos teñen un custo de 25 euros e supoñen un desconto do 50% do importe total das entradas das funcións programadas para adultos. Podían adquirirse ata o 7 de xaneiro de 2025, ou ata fin de existencias, como foi neste caso, na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Pódese consultar a programación cultural completa premendo nesta ligazón. A partir do 8 de xaneiro poderán mercarse as entradas para os espectáculos ofertados na Billeteira electrónica.