- Tematica
“Contos para rir” é unha das propostas de contacontos do departamento de Bibliotecas do Concello de Ames, dentro da súa programación para este primeiro trimestre do ano. Trátase de seis sesións de contacontos para nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que xa se desenvolveron en Bertamiráns (o martes 14, o mércores 15 e o xoves 16 de febreiro) e que chegan agora ao Milladoiro (o martes 28 de febreiro e o mércores 1 e xoves 2 de marzo). Todas as sesións terán lugar ás 17:30 horas. Para consultar a programación de contacontos do primeiro semestre do ano ao completo pódese premer nesta ligazón.
Encontros literarios do mes de marzo
Ademais das actividades de animación á lectura infantís, as bibliotecas municipais continúan organizando encontros literarios, dirixidos a persoas adultas, nos que diversos autores presentan as súas obras literarias. Para o mes de marzo hai datadas tres citas: o xoves 2 Marilar Aleixandre estará no Pazo da Peregrina de Bertamiráns co libro “As malas mulleres”, o día 16 será a quenda de Úrsula Heinze, con “Flashes II”, mentres que o xoves 30 presentará “El eco de tu voz” o coruñés Juan Galán.