Pestanas principais

Estragan parte da sinalización da Ruta do Apego e da Ruta das Fragas do Tambre

Venres, 1 outubro, 2021
Estes días tívose constancia da desaparición de parte da sinalización da Ruta do Apego e da Ruta das Fragas do Tambre, situadas na parroquia de Lens. Desde o Concello interpúxose a correspondente denuncia para que se investiguen estes feitos vandálicos e para que a persoa ou persoas responsables asuman as sancións que se estimen pertinentes.