- Tematica
O censo electoral inclúe aos electores que cumpran as seguintes condicións:
-Estar empadroado neste concello con anterioridade ao 1 de febreiro de 2024 (data de actualización do censo).
-Ter cumprido os 18 anos antes do 10 de xuño do 2024.
-Non estar privado do dereito de sufraxio activo.
-Ter nacionalidade española.
Información complementaria
A cidadanía que reunindo os requisitos non figuren no censo electoral ou consten con datos erróneos, poderán presentar a correspondente reclamación para estas eleccións unicamente no período de exposición comprendido entre o 22 ao 29 de abril (ambos inclusive).
A resolución das reclamacións realizarase pola Oficina do Censo Electoral nun prazo de tres días a contar dende a súa recepción.
Fundamento legal
Lei orgánica 5/1985, de 19 de xuño do réxime electoral xeral, modificada pola Lei orgánica 2/2011, de 28 de xaneiro.