- Tematica
Ademais, dende o Concello de Ames gardouse hoxe, mércores 27 de maio, ás 12.00 horas, un minuto de silencio polas vítimas da epidemia da Covid-19 convocado polo Goberno central. Dende o Concello pedíuselle á veciñanza amesá que se unira a esta manifestación de dor dende o lugar no que se atopase nese momento, evitando a concentración de persoas, e cumprindo as medidas de hixiene, distanciamento de dous metros e uso de máscara.
Deste xeito, o Concello de Ames sumouse á petición feita pola Federación Española de Municipios e Provincia (FEMP), para manter un minuto de silencio este mércores, 27 de maio, ás 12.00 horas do mediodía. Esta iniciativa enmárcase dentro do acordo adoptado polo Consello de Ministros, a través do Real Decreto 538/2020, de 26 de maio, polo que se declara loito oficial de dez días polos falecidos como consecuencia da pandemia da COVID-19.