Pestanas principais

Incidencia na aplicación de reserva de cita para acudir ás recepcións reais do sábado 4 de xaneiro

Venres, 27 decembro, 2024
O Concello de Ames informa que hai unha incidencia na aplicación de reserva de cita para acudir ás recepcións reais do sábado 4 de xaneiro. Estase traballando para que dta incidencia se resolva o antes posible. Para o venres, 3 de xaneiro, pódese obter cita.

O programa comezará coas recepcións reais para os nenos e nenas de Ames os días 3 e 4 de xaneiro, tanto en Bertamiráns coma en Milladoiro. Nestas visitas, os máis pequenos poderán pedirlles os seus desexos ás Súas Maxestades. As recepcións faranse nos pavillóns municipais de ámbalas localidades; o venres 3 pola tarde de 17.00 a 19.30 horas e o sábado 4 pola mañá de 11.00 a 13.30 e pola tarde de 17.00 a 19.30 horas. As visitas terán un intervalo de 5 minutos por cada unidade familiar.

Para poder asistir, estableceuse un sistema de cita previa para evitar longas esperas. Deste xeito, as persoas interesadas poderán reservar a súa cita a través desta ligazón da Sede electrónica do Concello de Ames, seleccionando o día, hora e localidade á que se desexa asistir no apartado “Solicitar cita previa”. Unha vez seleccionado, haberá que escoller a localidade á que se desexe ir (Recepción Reis Magos Pavillón de Bertamiráns ou Milladoiro), seleccionar o día de asistencia (3 ou 4 de xaneiro) e darlle a Ver dispoñibilidade. Aparecerán 4 opcións nun menú despregable para consultar se quedan ocos libres no horario que se desexe. Só se poderá pedir unha cita por cada unidade familiar e, ademais, a reserva inclúe o pase polos tres Reis Magos.

Multimedia