Pestanas principais

Listas definitivas de solicitudes admitidas nos servizos complementarios (Comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas) para o curso 2019-2020

Mércores, 12 xuño, 2019
O Concello de Ames informa das listas definitivas de solicitudes admitidas para os servizos complementarios (Comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas) de cara ao curso 2019-2020. Tamén se publica a listaxe coas puntuacións das solicitudes do servizo de comedor e información de interese sobre o trámite de matrícula (curso 2019-2020).

O prazo de matrícula estará aberto dende o 20 de xuño de 2019 ata o 5 de xullo de 2019. A matrícula pódese realizar a través do portal www.conciliames.org ou de xeito presencial no departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, ou na oficina municipal do Milladoiro. Para facer a matricula no servizo de comedor se xa se presentou a documentación para a baremación, non é necesario volver a entregala de novo.

As persoas que non dispoñan de acceso a Internet, e das ferramentas informáticas necesarias para poder facer esta xestión de forma online, terán a súa disposición ao persoal do departamento municipal de Educación. Para iso terán que chamar ao número de teléfono 981 884 991 e sacar cita previa para ser atendidos en Bertamiráns ou no Milladoiro. A continuación, deberán achegarse ata o departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ou ás oficinas municipais do Milladoiro. Alí o persoal municipal realizará estes trámites por eles de forma telemática.

Para máis información pódese poñer en contacto co departamento de Educación en Bertamiráns chamando ao teléfono 981 884 991 ou no enderezo electrónico educacion@concellodeames.gal.