Martes, 28 maio, 2019
O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas definitivas de usuarios/as admitidos/as no programa Xuño Lúdico. Premendo nos enlaces que están baixo o apartado de descargas, poderás consultar as listas de Bertamiráns e Milladoiro. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se unha rapaza ou rapaz está admitido a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuaria/o. As listas tamén se pode consultar nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, nas portas de entrada da Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro.
O Xuño Lúdico terá lugar ao longo dos días 25, 26, 27, e 28 de xuño, entre as 07.30h e as 16.00 horas, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns. Esta edición tamén está previsto que esta actividade se realice no CEIP da Maía, en Bertamiráns, na EEI do Milladoiro e na Casa da Cultura do Milladoiro. Para obter máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.gal.