mércores, 9 Xuño, 2021 a mércores, 30 Xuño, 2021
- Tematica
A concellaría de Educación fai públicas as listas de admitidos e excluídos na Escola de Verán.
Todas as solicitudes que aparecen en estas listas terán praza na Escola de Verán, sempre que se subsane a documentación naqueles casos que se indica, e sempre que conste a unidade familiar como empadroada no Concello de Ames.
A falta de empadroamento no Concello de Ames implica a exclusión automática do programa.
Solicitudes fora de prazo
As solicitudes presentadas fora de prazo non figuran nestes listados.
Estas solicitudes presentadas fora de prazo forman parte dunha lista de agarda que lles da dereito a esperar a que haxa unha praza dispoñible tanto no centro de elección como no grupo de idade ao que lle corresponda estar ao neno/a como na quincena/s nos que solicitara o servizo. Esta circunstancia está vinculada a que se cumpran os requisitos estipulados no Regulamento de Escola de Verán.
O número de prazas da escola de verán 2021 como a adaptación ao contexto covid-19 do programa será publicado ao longo desta semana.
Descargas: