- Tematica
O curso de monitor de tempo libre ten unha duración de catro meses e consta dunha formación teórico-práctica de 200 horas e unha parte só práctica de 150 horas. A parte teórico-práctica comezará o 15 de febreiro e constará de 40 horas en liña e outras 160 horas de clase presencial, que serán impartidas no Pazo da Peregrina en horario de 09.00 a 14.00 e de 15.30 a 20.30 horas durante as 8 fins de semana restantes. A asistencia é obrigatoria ao 80% das sesións impartidas neste bloque e, no caso de non facelo, o alumno/a perderá o seu dereito a ser avaliado. Por outra banda, para a obtención da cualificación nesta parte tamén se terán en conta parámetros como a actitude, implicación e interese na formación, a capacidade de reflexión, pensamento crítico e perspectiva educativa e o traballo personalizado e individual.
O prezo do curso é de 172 euros e deberá aboarse no prazo indicado na autoliquidación que se reciba. Ao longo desta semana, todas as persoas admitidas recibirán no seu enderezo electrónica a folla de autoliquidación correspondente para aboar o pagamento. Así mesmo, no caso de producirse algunha baixa, a organización contactará co alumnado en lista de agarda, segundo a orde de chegada establecida.
Pódese consultar a listaxe de admitidos e de agarda no documento ao pé deste aviso.