Venres, 7 outubro, 2022
- Tematica
A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde informa da listaxe de persoas admitidas no obradoiro de xestión emocional a través da técnica “Mindfulness”. O obradoiro conta con 15 prazas. Debido a que houbo máis inscrición que prazas ofertadas houbo que realizar un sorteo. Publícanse dous documento: un no que se reflicten as 15 persoas admitidas e outro no que están ao comezo de documento as persoas admitidas e despois as persoas que quedan en lista de agarda.
Este taller, que xa se ofrecera a comezos de ano ao persoal do Concello, diríxese agora ao público xeral a partir dos 18 anos, cunha serie de oito sesións que comezarán o martes 11 de outubro. A actividade estará impartida polo psicólogo e instrutor da técnica, Juan Carlos Permuy, e realizarase os martes de 16:30 a 18:15 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.
Descargas: