Pestanas principais

Listaxe de renovacións da Rede municipal de comedores escolares para o curso 2024/2025

Martes, 18 xuño, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes de solicitudes para as renovacións no servizo da Rede municipal de comedores escolares para o curso 2024-2025. Ata o 3 de xullo pódense realizar emendas sobre as solicitudes que así o indiquen.

Se na solicitude indica que ten débeda en executiva, a continuación indicamos os teléfonos para consultar e solucionar a incidencia:
-Deputación da Coruña: 900132204
-Oficina de recadación municipal: 981884896
-EPEL Augas de Ames: 981890776

Ao pé deste aviso pode consultar os comedores de CEIP A Maía, CEIP Agro do Muíño, CEIP de Barouta, EEI do Milladoiro, EEI da Igrexa e EEI de Covas premendo no arquivo "Rede Municipal de Comedores" onde verá se a solicitude de renovación está inicialmente admitida ou se debe emendar a mesma.

No mesmo apartado e premendo no arquivo "Comedor de Ventín" pode comprobar se a súa solicitude está pendente de emenda e se os datos de inicio e asistencia están correctos.

As prazas do comedor de Ventín de momento non se poden asignar, xa que se está a expensas de coñecer si o centro permite a utilización da aula superior do comedor para poder dar cabida a todos/as usuarios/as.

A publicación das listaxes definitivas de admitidos e excluídos está prevista para a segunda quincena de xullo.