Venres, 20 setembro, 2019
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, fai públicas as listaxes coas persoas admitidas e en lista de agarda das Escola deportivas municipais para o curso 2019-2020. Estas listaxes son o resultado do sorteo público feito este pasado xoves, 18 de setembro, entre as persoas que realizaron a preinscrición.
As persoas admitidas deberán solicitar a autoliquidación nas oficinas de Recadación e realizar o pagamento do 20 ao 26 de setembro. As oficinas de recadación atópanse en Bertamiráns na praza da Horta de Abaixo, número 6; e no Milladoiro están situadas na rúa Viorneira, número 6. Tamén cabe a posibilidade de enviar un correo a ames@canaltributos.com, chamar ao número de teléfono 981 88 48 96, ou facer a autoliquidación na Oficina Virtual Tributaria. No caso de non realizarse o pagamento non prazos sinalados entenderase a renuncia á praza solicitada.