Pestanas principais

Listaxes de admitidos e reservas das Escolas Deportivas 2021-22

Mércores, 29 setembro, 2021
A Concellaría de Deportes publica as listaxes de admitidos e reservas das Escolas Deportivas 2021-2022. Premendo nos enlaces que hai ao pé pódense consultar as listaxes por actividades e as instruccións para consultar o número de solicitude. As persoas que obtivesen praza no sorteo terán que facer o pagamento do 29 de setembro ao 6 de outubro.

Lembramos que se pode realizar o pagamento dos seguintes xeitos:

- Solicitando a folla de autoliquidación nas oficinas de Recadación ben no correo electrónico ames@canaltributos.com, chamando ao 981 88 48 96 ou de xeito presencial na oficina de Bertamiráns (Praza Horta de Abaixo, nº 6) e no Milladoiro (rúa Viorneira, nº 6).

- Realizar a autoliquidación a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello, (non precisa certificado electrónico), premendo na opción de "Pagar taxas".

Unha vez feita a autoliquidación no prazo estipulado, non é preciso entregar o resgardo de pagamento. Senón se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.