Pestanas principais

Listaxes definitivas de admitidas/os no programa municipal de Campamentos de verán 2024

Xoves, 16 maio, 2024
O Concello de Ames informa sobre a publicación das listaxes definitivas de admitidas/os no programa municipal de Campamentos de verán 2024. O sorteo dos campamentos nos que se superou o límite de prazas realizarase o luns día 20 de maio no salón de plenos da Casa do Concello ás 12:00 horas. O resultado do sorteo e a lista de agarda publicarase o 21 de maio.

Matrícula
O prazo de matrícula estará aberto dende o 22 ata o 31 de maio. Para realizarse, haberá que presentar o impreso correspondente de matrícula debidamente cuberto, unha copia da tarxeta sanitaria e certificado médico (só no caso de padecer unha enfermidade que deberá ser reflectida). Se é preciso, os nenos/as que participen no campamento de Alvarella (segunda quenda) deberán entregar unha ficha de coñecemento persoal.

A documentación presentarase preferiblemente a través do rexistro telemático na Sede electrónica do Concello ou presencialmente no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR).

Pagamento
O pagamento das taxas poderá fraccionarse en dous pagos (50% do custe de cada un). O primeiro pagamento deberá ser realizado entre o 22 e o 31 de maio, e o segundo entre o 10 e o 19 de xuño.

Os impresos para facer efectivo o pagamento enviaránselle ao correo electrónico facilitado polos/as usuarios/as na súa solicitude de praza. Excepcionalmente poderá solicitarse o impreso de pagamento de xeito presencial nas Oficinas de Recadación do Milladoiro e de Bertamiráns ou a través do correo electrónico ames@canaltributos.com.

No caso de dispor de Certificado Dixital ou DNI electrónico poderase descargar ou pagar a autoliquidación premendo nesta ligazón, ou ben a través da banca electrónica de ABANCA.

Máis información
Para máis información sobre os campamentos de Infantil, Primaria e urbano pódese contactar coa Aula da Natureza, chamando ao número de teléfono 660 004 665 ou enviando un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal. Por outra banda, para saber máis sobre os campamentos de ESO e Bacharelato pódese contactar coa Concellaría de Xuventude, chamando ao teléfono 616 083 229 ou escribindo a xuventude@concellodeames.gal. O horario de atención de ambos departamentos será de 9:00 a 14:00 horas.