Pestanas principais

Listaxes definitivas de admitidos/as e excluidos/as en Bos Días Cole, Comedores Escolares e Tardes Divertidas para o curso 2024/2025

Martes, 6 agosto, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas nos servizos complementarios de educación (Bos Días Cole, Tardes Divertidas e Comedor Escolar) para o curso 2024-2025.

No caso de aparecer como excluído nos servizos de Bos Días Cole e Tardes Divertidas na modalidade de días/mes por non ter xustificado o traballo a quendas e querer desfrutar do/s servizo s, deberá solicitarse mediante rexistro o cambio para a modalidade de días/semana indicando os días fixos da semana que vai a asistir.

Calquera cambio que se desexe solicitar, deberá facerse antes do inicio do mes de setembro.