Luns, 26 xuño, 2023
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listas definitivas de nenos/as admitidos/as e excluídos/as no programa municipal da Escola de Verán 2023.
A Escola de Verán é unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar dos veciños e veciñas de Ames durante o período non lectivo das vacacións de verán, comprendido entre o 1 de xullo ata o 31 de agosto de 2023. Desenvolverase de luns a venres, agás festivos. O servizo ofrece unha ampla oferta de actividades dirixidas a fomentar a convivencia, a tolerancia e a integración. Así, as cativas e cativos poderán participar en diversos xogos e exercicios a través dos que se buscará que aprendan a valorar e gozar da actividade física e o respecto polo contorno, ademais de enfocarse no divertimento e a creatividade.
Descargas: