- Tematica
O programa Setembro Lúdico 2022 está dirixido a aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con crianzas escolarizadas no curso 2022/2023 no segundo ciclo de Educación Infantil, agás os nenos e nenas de 4º ou en Primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 1, 2, 5, 6 e 7 de setembro.
O Setembro Lúdico oferta os servizos de conciliación habituais nos programas do concello, como o Bos Días ou os comedores, co fin de adaptarse ás necesidades de cada familia. Deste xeito, os horarios de entrada dos nenos e nenas poden comezar ás 7:30 ou ás 9:00 horas, cun almorzo opcional para as crianzas máis madrugadoras, mentres que as horas de recollida serán as 14:30 ou as 16:00 horas.