- Tematica
A adxudicación de prazas realízase de maneira directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles. No caso de que o número de prazas solicitadas supere ás ofertadas, a adxudicación realizarase mediante sorteo público, que terá lugar o 18 de maio no salón de plenos da Casa do Concello ás 12.00 horas. O resultado e a lista de agarda publicarase o 19 de maio.
O prazo de matrícula estará aberto de 19 de maio ata o 4 de xuño. Para facer a inscrición débese presentar:
- Impreso de matrícula debidamente cumprimentado.
- Copia da tarxeta sanitaria.
- Certificado médico (só no caso de padecer enfermidade que deba ser reflectida).
Presentarase preferiblemente a través do Rexistro telemático na Sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR).
Excepcionalmente, e con cita previa, poderá entregarse nos rexistros do Concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, sempre con CITA PREVIA (Teléfonos: 881 074 710 / 881 074 711).
Máis información
Para solicitar máis información pódese contactar coa Concellería de Medio Ambiente, chamado ao 660 004 665 ou enviando un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal, ou contactar coa Concellería de Mocidade, chamando ao teléfono 616 083 229 ou enviando un correo a omix@concellodeames.gal.