Martes, 18 xuño, 2024
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas para as renovacións nos servizos de Bos Días Cole e Tardes Divertidas para o curso 2024-2025. Establécese un prazo de emenda de 10 días hábiles (ata o 3 de xullo de 2024).
Se na solicitude se indica que ten débeda en executiva, a continuación indicamos os teléfonos para consultar e solucionar a incidencia:
-Deputación da Coruña: 900132204.
-Oficina de recadación municipal: 981884896.
-EPEL Augas de Ames: 981890776.
As solicitudes de renovación que aparecen na listaxe como “Renovación admitida: SI” non deberán facer ningún outro trámite. As solicitudes que aparecen como “Renovación admitida: NON” deberán emendar a solicitude no prazo correspondente de emenda.
Descargas: