Venres, 1 marzo, 2024
- Tematica
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de nenas e nenos admitidas e excluídas do programa de conciliación Primavera Lúdica 2024, para o CEP Ventín e o CEIP A Maía.
O programa Primavera Lúdica 2024 está dirixido ás rapazas e rapaces escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria. Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril de 2024.
A través deste programa, o Concello de Ames procura axudar ás familias a compatibilizar o traballo e a vida familiar, ofrecendo un espazo onde a rapazada realiza actividades lúdicas e educativas. O programa ten un horario de 7.30 á 16.00 horas e inclúe os servizos de Bos Días e comedor.
Descargas: